[151] Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria 2012

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria 2012 Benquerida/o socia/o, Compráceme convocarte á Asemblea Xeral Ordinaria da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización […]
Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria 2012

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria 2012

Benquerida/o socia/o,

Compráceme convocarte á Asemblea Xeral Ordinaria da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).

-DÍA: venres 2 de marzo de 2012

-Hora da primeira convocatoria: 17.00 h

-HORA da segunda convocatoria: 17.30 h

-LUGAR: Sala circular do Auditorio de Galiza (Avda. do Burgo das Nacións s/n. Santiago de Compostela)

Descarga aquí a convocatoria completa en .pdf >

Orde do día:

1.Lectura e votación da acta da asemblea anterior

2.Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas

3.Exposición, debate e votación do informe de xestión

4.Exposición, debate e votación do informe de contas

5.Exposición, debate e votación das propostas de acción para o próximo exercicio

6.Elección da Xunta Directiva

7.Rolda aberta de intervencións

Documentación para a Asemblea

A partir do día 23 de febreiro podes descargar na área restrinxida a socios/as do web toda a documentación para a asemblea: acta da asemblea anterior, informe de altas e baixas de socios/as, informe de xestión, informe de contas e propostas de acción para o próximo exercicio. Deste xeito, podes preparar mellor as túas achegas e propostas e así facermos entre todas e todos unha asemblea máis áxil, dinámica, participativa e produtiva.

Elección da Xunta Directiva

Lembrámosche que, segundo os estatutos da CTNL, a Xunta Directiva estará integrada por un/unha presidente/a, un/unha secretario/a, un/unha tesoureiro/a e seis vogais (art. 24) e que os cargos da Xunta Directiva terán unha duración de dous anos (art. 25). Deste xeito, poderanse presentar candidaturas á Xunta Directiva até 72 horas antes da Asemblea (martes 28 de febreiro, ás 17.00 h), para o que se deberá enviar a candidatura por correo electrónico a info@ctnl.org, na que deberán figurar os nomes, apelidos e números de documentos de identidade dos/as socios/as que a compoñen, e sempre co visto e prace desas persoas.

Atentamente,

Nel Vidal Barral

Presidente da CTNL

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2012

Cea anual da CTNL

Como de costume, o mesmo día da Asemblea, o venres 2 de marzo, terá lugar a cea anual da CTNL, na que nos gustaría contar contigo.

-Lugar: Casa de Xantar O Dezaseis (Rúa de San Pedro 16. Santiago de Compostela. www.dezaseis.com)

-Hora: 22.00 h

-Menú: Empanada, lacón frío, polbo á feira, revolto de grelos e lagostinos, pementos recheos de bacallau, luras na súa tinta e carne ao caldeiro. Viños Mencía e Ribeiro, sobremesa, café e licores.

-Prezo: 20 euros

Confirmación de asistencia para a cea: debes confirmar a túa asistencia até o 24 de febreiro no enderezo info@ctnl.org ou no teléfono 629 571 950

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio