No marco do Simposio Internacional Estratexias para o recoñecemento, garantía e defensa dos dereitos lingüísticos, organizado por Behatokia, o observatorio dos dereitos lingüísticos do éuscaro, realizouse un acto simbólico de ratificación da Declaración universal dos dereitos lingüísticos, da que se cumpren 15 anos.
Neste acto simbólico, participou, entre outras entidades doutras comunidades lingüísticas, A Mesa pola Normalización Lingüística.
A Declaración universal dos dereitos lingüísticos (pódese consultar aquí en .pdf) foi elaborada e asinada por máis dun cento de organizacións e oitenta expertos/as de todo o mundo que se reuniron en Barcelona entre o 6 e o 9 de xuño de 1996, nunha conferencia promovida polo CIEMEN e o PEN Club Internacional, co apoio da UNESCO.
En representación da comunidade lingüística galega, participaron como organizacións a Mesa e o PEN Club galego e, como experta, a sociolingüista e profesora da Universidade da Coruña Pilar García Negro.
Posteriormente, a Declaración foi apoiada por unanimidade nos parlamentos español e galego.
15 anos da Declaración universal dos dereitos lingüísticos
A Declaración universal dos dereitos lingüísticos foi elaborada e asinada por organizacións non-gobernamentais reunidas en Barcelona entre o 6 ao 9 de xuño de 1996. Para conmemorar o 15 aniversario, varias organizacións ratificaron en Euskadi de xeito simbólico esta declaración