[145] Convocatoria de axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

Despois do peche de 16 SNL e catro meses despois de que foran suspendidas as anteriores e anunciada unha nova orde, a Xunta convoca as axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega. O prazo de solicitude remata o 4 de febreiro

Orde pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega

(DOG n.º 3 do 4 de xaneiro de 2012)

Info no web da CTNL>

MODALIDADES

1. Creación dun servizo de normalización lingüística dun concello.

2. Creación dun servizo de normalización lingüística dun agrupamento de concellos.

3. Mantemento ou reforzamento dun servizo de normalización lingüística dunha entidade local (sempre que o SNL estea “en funcionamento na data de publicación desta convocatoria de subvencións”).

4. Desenvolvemento de dinamización lingüística dunha entidade local carente de servizo de normalización lingüística (concello ou agrupamento de concellos).

DESTINATARIOS

-Concellos ou agrupamentos de concellos cun mínimo de 3.000 habitantes

PERÍODO QUE COMPRENDEN AS AXUDAS

-Do 1 de xaneiro de 2011 ao 15 de outubro de 2012

PRAZO DE SOLICITUDE

-Até o 4 de febreiro de 2012

CRITERIOS DE VALORACIÓN

-A maior poboación, máis puntuación; para territorios máis desgaleguizados, maior puntuación; implicación de entidades nas accións dinamizadoras; pertenza á Rede de Dinamización Lingüística, etc.

ÁMBITOS PRIORITARIOS DE INTERVENCIÓN

-Deporte

-Mocidade

-TIC

-Economía

-Servizos sociais

ORZAMENTO

-O orzamento total que a Xunta lle dedica a esta convocatoria, para todos os concellos e para os dous anos, é de 520.000 euros

A orde completa, en .pdf, pode consultarse aquí >

Estas axudas convócanse despois da anulación das correspondentes ao ano 2011, do anuncio dunha nova convocatoria “nas próximas semanas” que a Secretaría Xeral de Política Lingüística fixo a principios do mes de setembro de 2011 e do peche de, cando menos, 16 servizos de normalización lingüística, provocado pola suspensión da convocatoria de 2011 e pola tardanza da publicación da nova. Máis información sobre isto, aquí.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio