CTNL
A Xunta quere desmantelar o traballo a prol da lingua cuns orzamentos insultantes para o galego
O orzamento da SXPL para 2012 redúcese bruscamente unha vez máis e chega a mínimos históricos. O goberno galego dedicaralle á lingua en 2012 menos da metade do que se lle dedicaba hai unha década. Estes orzamentos promoven o peche de SNL, a anulación de proxectos, a paralización de actividades de dinamización, etc. En definitiva, pretenden desmantelar o proceso de fomento da lingua galega
Coa aprobación dos seus orzamentos e cunha comunicación que lles enviaron aos concellos, a Deputación da Coruña pon en perigo a continuidade de moitos dos 40 servizos de normalización lingüística (SNL) existentes na provincia, xa que reduce a súa colaboración á cuarta parte
Lingua
Recomendacións de agasallos para o Nadal de Abertos ao galego
Camisolas, banda deseñada, decoración, libros, etc. Abertos ao galego, a rede de empresas comprometidas coa lingua promovida desde A Mesa, difunde nun catálogo algunhas recomendacións de agasallos para este Nadal
Publícase o Dicionario de Química en galego
A Universidade da Coruña publica o Dicionario de Química, unha nova ferramenta lingüística de máis de 400 páxinas e coa definición de máis de 7.000 termos e apéndices con información complementaria de interese
Vitaminas para o galego. Campaña de sensibilización de dez medios de comunicación en galego
Galicia Confidencial, Novas da Galiza, Praza Pública, Radiofusión, Tempos Novos, Certo, Quepasanacosta, O Sil, Valmiñor.info e Crónica3 son os dez medios que inician a campaña de sensibilización da comunicación en lingua propia Vitaminas para o galego
A clínica dermatolóxica Dermalar, a tenda de deseños exclusivos O Gato Cósmico, e a xuíza Ana López-Suevos reciben o Premio Manuel Beiras, que recoñece o fomento do uso do galego en Santiago de Compostela
Dicionario moderno inglés-galego con máis de 20.000 entradas
20.000 entradas, 30.000 correspondencias e 60.000 contextos de uso, en máis de 1.200 páxinas. Eses son os datos do Dicionario moderno inglés-galego elaborado por un equipo da Universidade de Vigo e editado por 2.0 Editora
Convocatorias
Imaxin|software busca tradutores/as de inglés a galego
A empresa Imaxin|Software quere incorporar ao seu equipo de localización tradutores/as de inglés a galego, portugués e castelán