Novas de lingua
Publícase o Dicionario xurídico galego
Acaba de ver a luz o primeiro Dicionario xurídico galego, unha obra con arredor de 2.000 entradas de conceptos esenciais de Dereito. Na elaboración deste dicionario participaron máis de 120 profesionais do ambito xurídico e lingüístico
Queremos Galego convoca concentracións o xoves e sábado en Santiago
A plataforma Queremos Galego convoca dúas concentracións (xoves 15 ás 11.30 h e sábado 17 ás 17.00 h, en Santiago) para exixir o cesamento do Valedor do Pobo e a destitución do conselleiro de Educación por apoiar publicamente a resolución que pide censurar un libro de texto que sinala que o galego é a lingua propia de Galiza
Projeto Pontos. A Gentalha do Pichel promociona as empresas compostelás que usan o galego
Nunha páxina de Facebook, as clientas e clientes de comercios, bares ou froitarías de Santiago de Compostela poderán ver cales son os negocios que usan o galego, aos que desde a Gentalha do Pichel lles outorga unha puntuación segundo o uso que fagan da lingua
O noso vende. Concurso de escaparates para fomentar o galego na hostalaría e comercio redondelán
O Servizo de Normalización Lingüística e mais a Asociación de Empresarios de Redondela, poñen en marcha dúas campañas de dinamización e normalización lingüística centradas na época de Nadal, orientadas a dous sectores estratéxicos da actividade económica: a hostalaría e o comercio
A segunda edición do Galeoke trae máis música para cantarmos en galego
Galiza é un país de artistas. Non hai sobremesa, romaría ou festa que non remate entonando algún dos grandes éxitos da nosa música. Que é o que faltaba? Facer diso un xogo, e para iso naceu o Galeoke, do que agora chega unha nova edición con novas cancións para cantarmos todas e todos
Obradoiro en Carballo para comezar a transmitir o galego co poder emocional das nanas
Para nais e pais, presentes ou futuros, soas ou sós, ou acompañados/as do seu bebé, que queiran comezar a transmitirlle o galego ao seu ou súa peque co poder emocional dos cantos de berce. Para isto, o SNL do Concello de Carballo organiza un obradoiro de nanas que terá lugar os días 20 e 21 de decembro
Convocatorias e formación
A CTNL organiza un encontro informativo sobre dereitos laborais, dirixido aos técnicos e ás técnicas de normalización lingüística das administracións públicas. Terá lugar o xoves 22 de decembro, ás 18.00 h, en Santiago de Compostela
I Seminario de formación permanente da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta organiza o I Seminario de formación permanente da súa Rede de Dinamización Lingüística. Terá lugar o 16 de decembro en Santiago de Compostela
Máis alá
OPINIÓN: por Charo Baleirón Sóñora
Hai unhas semanas asistín a unhas xornadas, organizadas polo SNL da USC e pola Facultade de Ciencias da Educación, en torno ao imaxinario social do galego e os prexuízos lingüísticos. Unha boa ocasión para reflexionar sobre a nosa lingua e a situación pola que atravesa…