[137] Seminario de introdución á xestión da calidade nos SNL

A CTNL convoca unha nova acción formativa, neste caso un seminario de 12 horas de introdución á xestión da calidade nos servizos de normalización lingüística que terá lugar os días 9 e 11 de novembro en Santiago de Compostela. O prazo de inscrición está aberto do 26 de outubro ao 2 de novembro
Obxectivos, contidos e profesorado

Obxectivos, contidos e profesorado

Información completa, aquí >

OBXECTIVOS

-Tomar conciencia da utilidade e importancia da xestión da calidade nos servizos de normalización lingüística (SNL)

-Achegarse aos principios básicos da xestión da calidade

-Coñecer as ferramentas básicas para avaliar o traballo dos SNL

-Procurar desenvolver plans de mellora e cartas de servizos nos SNL

CONTIDOS

-Introdución á xestión da calidade e avaliación do traballo

-Aplicación práctica da xestión da calidade nos servizos de normalización lingüística (SNL)

-Os plans de mellora (elementos dun plan de mellora, como priorizar e ficha resumo)

-As cartas de servizos (introdución, para que serven e elementos dunha carta de servizos)

-Avaliación da aplicación nos SNL

PROFESORADO

-Celso Rodríguez Fernández

(profesor de Álxebra na USC, avaliador acreditado EFQM e colaborador con diversas axencias e proxectos de calidade)

Datas, lugar, horarios e duración

DATAS E HORARIOS: mércores 9 e venres 11 de novembro, de 16.30 h a 20.30 h. Posteriormente haberá unha sesión de avaliación de 4 horas para analizar a aplicación dos contidos nos SNL

LUGAR: Aula 22 da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela

DURACIÓN: 12 horas (8 horas de formación e 4 de sesión de avaliación)

Procedemento de inscrición e calendario

A inscrición deberá facerse a través do formulario habilitado para tal efecto no web da CTNL (www.ctnl.org) dentro dos prazos estabelecidos.

O límite de prazas é de 25 persoas, e terán preferencia os/as socios/as da CTNL. Despois disto, respectarase a orde de inscrición.

CALENDARIO:

Prazo de solicitude de participación no curso: desde o 26/10/2011 ás 10.00 h até o 2/11/2011 ás 14.00 h

-Publicación da listaxe de persoas admitidas: o 3/11/2011

-Prazo para facer o pagamento de matrícula: até o 8/11/2011

-Datas do curso: 9 e 11 de novembro de 2011

COTAS de inscrición

-Socias/os da CTNL: 20 euros

-Estudantes, bolseiras/os e desempregadas/os: 30 euros

-Non socias/os da CTNL: 75 euros

ORGANIZA: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

COLABORAN: Universidade de Santiago de Compostela e Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

Información completa, aquí >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio