![XORNADAS E FORMACIÓN XORNADAS E FORMACIÓN](https://www.ctnl.gal/wp-content/uploads/migra/bol/141-a-lingua_e_usos.jpg)
XORNADAS E FORMACIÓN
VIII Xornadas sobre lingua e usos: lingua e ecoloxía
Un ano máis, o SNL da Universidade da Coruña, en colaboración coa RAG, organiza as Xornadas sobre lingua e usos, que este ano se centrarán na ecolingüística e terán lugar os días 30 de novembro e 1 de decembro
Congreso: As linguas e culturas do Camiño de Santiago de Compostela: presente e futuro
O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), en Santiago de Compostela, acolle o congreso As linguas e culturas do Camiño de Santiago de Compostela: presente e futuro, que ten lugar os días 21 e 22 de outubro
IV Xornadas de normalización da lingua e a cultura na educación na Coruña
A Facultade de Ciencias de Educación da Coruña acolle as IV Xornadas sobre normalización da lingua e a cultura no ámbito da educación, que terán lugar os días 7, 8, 14 e 15 de novembro e que se centrarán na dinamización a través da lectura
![INFO LINGUA INFO LINGUA](https://www.ctnl.gal/wp-content/uploads/migra/bol/141-b-sermos_galiza.jpg)
INFO LINGUA
Sermos Galiza, iniciativa que convoca a sociedade máis concienciada na procura dos apoios precisos para o lanzamento dun semanario en papel e dun diario dixital en galego, presentarase nos próximos días en Ourense, Cambados, Ferrol, A Mariña…
Somos a curta! I Premio de curtametraxes de comedia
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC convoca o certame “Somos a curta!”, dirixido a premiar a mellor peza audiovisual curta de comedia en galego presentada por alumnado de distintos ámbitos. O prazo remata o 25 de novembro
Sobre a suspensión das axudas da Xunta para a promoción do galego nos concellos
Como xa denunciamos desde a CTNL, as axudas que a Xunta convoca desde hai 20 anos para promover o uso do galego desde a administración local foron suspendidas por vez primeira. Ante este grave e irresponsábel feito, queremos compartir as consideracións que se poden ver accedendo a esta nova
Premios á innovación en dinamización lingüística nos centros educativos
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publica as bases para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística, para desenvolver en centros de ensino dependentes desta consellería no curso académico 2011-2012
![AXENDA DA LINGUA AXENDA DA LINGUA](https://www.ctnl.gal/wp-content/uploads/migra/bol/141-c-comodefenderes_240.jpg)
AXENDA DA LINGUA
Mércores 5 de outubro
-Presentación de Sermos Galiza en Ourense e en Cambados
-Presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos en Santiago de Compostela
Xoves 6 de outubro
-Presentación de Sermos Galiza en Ferrol e en Pontevedra
Venres 7 de outubro
-Presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos en Ponteceso
Venres 14 de outubro
-Presentación de Sermos Galiza na Mariña
21 e 22 de outubro, en Santiago de Compostela
-Congreso: As linguas e culturas do Camiño de Santiago de Compostela: presente e futuro
7, 8, 14 e 15 de novembro, na Coruña
-IV Xornadas de normalización da lingua e a cultura na educación
10 de novembro
-Remata o prazo do VIII Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras
25 de novembro
-Remata o prazo de presentación no I Premio de curtametraxes de comedia
30 de novembro e 1 de decembro, na Coruña
-VIII Xornadas sobre lingua e usos: lingua e ecoloxía