[131] VII Curso de verán de dinamización lingüística. (Re)Pensando o discurso

Un ano máis, o SNL da Universidade da Coruña, en colaboración coa CTNL e o Concello de Carballo, convoca o Curso de verán sobre dinamización lingüística, que nesta sétima edición leva por título "(Re)pensando o discurso"

José M.ª Sánchez Carrión “Txepetx”, Pilar García Negro, Iván Méndez, Celso Álvarez Cáccamo, Fermín Bouza, Gemma Sanginés, Valentim R. Fagim, Manuel N. Singala…, son algunhas das persoas que intervirán no VII Curso de verán de dinamización lingüística

Información completa e programa aquí >

LIÑAS TEMÁTICAS

-Reflexionar sobre a incidencia do(s) discurso(s) lingüístico(s) na situación social da lingua.

-Analizar os argumentos a respecto da diversidade lingüística.

-Revisar termos e conceptos sociolingüísticos en transformación.

-Avaliar as ideas forza e os conceptos chave do discurso normalizador sobre o galego, así como a súa actualidade e/ou necesidade de reformulación.

-Presentar propostas de actuación que permitan intervir no imaxinario social sobre a lingua

DATAS

20, 21 e 22 de xullo

LUGAR

Pazo da Cultura de Carballo

DURACIÓN

20 horas

INSCRICIÓN

-PRAZO: do 1 de xuño ao 15 de xullo (ou até que se esgoten as prazas)

-LÍMITE DE PRAZAS: 70, por orde de inscrición

-PREZO: 50 €, matrícula xeral, e 30 € para os/as socios/as da CTNL

-LUGAR E FORMA DE MATRÍCULA: a inscrición debe facerse aquí, a través da secretaría virtual da UdC

Información completa e programa aquí >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio