[130] éMundial, Galego campa, De 4 a 4, Galicia Hoxe, cursos…

Novas de lingua A CTNL lamenta o peche de Galicia Hoxe, o cuarto medio de comunicación en galego que desaparece […]
Novas de lingua

Novas de lingua

A CTNL lamenta o peche de Galicia Hoxe, o cuarto medio de comunicación en galego que desaparece no último ano

“A crise económica e o radical recorte das axudas institucionais” provocaron o peche do único diario non gratuíto en papel editado en galego na actualidade, o Galicia Hoxe, que se suma á desaparición no último ano de A Peneira, Vieiros e da edición en papel de A Nosa Terra, o que supón un grave retroceso para a normalización lingüística

O galego campa! Dinamización lingüística nos campamentos de verán

A Xunta, a través dos seus departamentos de Política Lingüística e Xuventude, puxo en marcha o programa de dinamización lingüística O galego campa!, co obxectivo de favorecer o desenvolvemento en galego dos campamentos de verán e de animar á rapazada a se expresar na nosa lingua

Festival en Compostela para mostrar que o galego éMundial

A Associaçom Galega da Língua (Agal) cumpre 30 anos neste 2011, e para celebralo organiza, entre o 4 e o 9 de xullo en Santiago de Compostela, o festival éMundial, unha semana de eventos para mostrar que a lingua galega é así, mundial

De 4 a 4. Verán de dinamización lingüística en Vigo

Un verán de lecer. Propostas culturais dos SNL de Bergantiños e Soneira

Novo dicionario fraseolóxico, coa equivalencia en galego de 8.500 expresións castelás

Formación e convocatorias

Formación e convocatorias

VII Curso de verán sobre dinamización lingüística. Traballando en lingua. (Re)pensando o discurso

Un ano máis, o SNL da Universidade da Coruña, en colaboración coa CTNL e o Concello de Carballo, convoca o Curso de verán sobre dinamización lingüística, que nesta sétima edición leva por título “(Re)pensando o discurso”. O curso terá lugar en Carballo os días 20, 21 e 22 de xullo. O prazo de inscrición continúa aberto

Publicada a orde que actualiza a regulación dos cursos de linguaxes administrativa e xurídica galegas

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) vén de facer pública a nova orde pola que se regulan os cursos de linguaxes administrativa e xurídica galegas. Esta orde, que ten como obxectivo actualizar a do 1 de abril de 2005, é a primeira que se elabora especificamente para estes cursos e incorpora importantes cambios cualitativos

Convocatoria para cubrir postos de coordinadoras/es provinciais dos equipos de normalización lingüística do ensino

O DOG do 17 de xuño publica o concurso público para cubrir postos de coordinadoras e coordinadores das catro provincias dos equipos de normalización lingüística do ensino. O prazo de presentación remata o 2 de xullo

Témoslle lei: o galego no dereito. Curso de verán na USC

A USC organiza, no marco da campaña «Témoslle lei», un curso de verán co título O galego no dereito, no que se analizarán os dereitos lingüísticos e as obrigas dos poderes públicos en relación coa normalización lingüística. Terá lugar do 12 ao 14 de setembro. A matrícula, até o 2 de setembro

Manual de xestión administrativa para SNL

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio