[129] Manual de xestión administrativa para SNL

A CTNL pon ao teu dispor en formato electrónico o manual do Curso de xestión administrativa para servizos de normalización lingüística (SNL) de administracións públicas locais

O manual do Curso de xestión administrativa para SNL, que podes descargar en formato electrónico, está editado baixo licenza Creative Commons e inclúe os seguintes contidos:

1. As fontes de dereito local. Réxime de organización e funcionamento

2. O procedemento administrativo local

3. As subvencións públicas

4. Os contratos do sector público

5. Os convenios, protocolos e acordos de colaboración

6. Requisitos e tramitacións das facturas

7. O control interno da actividade económico-financeira das entidades locais. Os reparos

8. Xestión do gasto público. Execución dos orzamentos municipais

9. Anexo de normas sobre usos lingüísticos (elaborado por Maica Pazos Area)

Este completo e práctico manual que agora podes descargar en .pdf, foi elaborado por Alicia Paula Otero González, técnica de administracial xeral do Concello de Pontevedra, para o Curso de xestión administrativa para SNL organizado pola CTNL, e do que se desenvolveron tres edicións, unha en Pontevedra en 2010, outra en Ames tamén en 2010 e outra en Santiago de Compostela en 2011.

O manual pódelo atopar en O Andel da CTNL > Materiais de cursos.

Tanto o curso como o manual desenvolvéronse coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e do Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela.

Material do Curso de xestión administrativa para SNL de administracións públicas locais (.pdf) >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio