
LINGUA
Nace Galegobook, biblioteca en liña de referencias sobre o galego
Máis de cen obras de 90 autores/as son as primeiras a que poderás acceder dende un novo recurso, Galegobook, espazo onde publicar, compartir e conversar sobre un gran número de libros electrónicos que circulan pola rede sobre lingua (gramática, fonética, sociolingüística, manuais, terminoloxía…)
Encontro de mocidade con lingua minorizada, en xullo en Gazteiz
A Facultade de Letras de Gasteiz acolle do 19 ao 22 de xullo de 2011 un encontro europeo de mozas e mozos falantes de linguas minorizadas, organizado no marco do Plan do Euskera e do Plan de Mocidade do Concello de Gasteiz. A asistencia e aloxamento son de balde
O ILG presenta o Arquivo do Galego Oral, con dúas mil horas de gravacións
Dúas mil horas de gravacións a 7.000 informantes da práctica totalidade dos 315 concellos galegos e de boa parte dos 38 das comarcas de fala galega de Asturias, León e Zamora e dos tres lugaris de Cáceres conforman o Arquivo do Galego Oral (AGO) do Instituto da Lingua Galega (Ilg) da USC
A Fundación Lois Peña Novo fixo públicos os seus galardóns, que teñen por obxecto animar o proceso de normalización lingüística, nomeadamente na administración. Así, este ano decidiron recoñecer o Concello de Ames, a profesora Alba Nogueira e o funcionario da Policía Xosé R. Cruz

FORMACIÓN E CONVOCATORIAS
Témoslle lei: o galego no dereito. Curso de verán na USC
A USC organiza, no marco da campaña «Témoslle lei», un curso de verán co título O galego no dereito, no que se analizarán os dereitos lingüísticos e as obrigas dos poderes públicos en relación coa normalización lingüística. Terá lugar do 12 ao 14 de setembro. A matrícula, até o 2 de setembro
VII Curso de verán sobre dinamización lingüística. Traballando en lingua. (Re)pensando o discurso
Un ano máis, o SNL da Universidade da Coruña, en colaboración coa CTNL e o Concello de Carballo, convoca o Curso de verán sobre dinamización lingüística, que nesta sétima edición leva por título “(Re)pensando o discurso”. O curso terá lugar en Carballo os días 20, 21 e 22 de xullo. O prazo de inscrición está xa aberto
Convocatoria de prazas en nove lectorados europeos
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca 9 prazas en lectorados de galego en España, Alemaña, Italia e Portugal. O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de xuño

AXENDA DA LINGUA
4 de xuño
Acto: Vinte anos de equipos de normalización lingüística nos centros de ensino
26 de maio e 9 e 17 de xuño
Curso de xestión administrativa para SNL (3.º edición)
9 de xuño
Remata o prazo de solicitude das bolsas do Consello da Cultura Galega
18 de xuño
Probas para a obtención do Celga 4
19 de xuño
Probas para a obtención do Celga 2
25 de xuño
Probas para a obtención do Celga 3
25 de xuño
Remata o prazo da convocatoria de lectorados de galego 2011
26 de xuño
Probas para a obtención do Celga 1