
VII Curso de verán sobre dinamización lingüística
VII Curso de verán sobre dinamización lingüística. Traballando en lingua. (Re)pensando o discurso
Un ano máis, o SNL da Universidade da Coruña, en colaboración coa CTNL e o Concello de Carballo, convoca o Curso de verán sobre dinamización lingüística, que nesta sétima edición leva por título “(Re)pensando o discurso”.
- DATAS: 20, 21 e 22 de xullo
- LUGAR: Pazo da Cultura de Carballo
- INSCRICIÓN: a partir do 1 de xuño, no web da UdC

Outras novas
O Instituto a Lingua Galega (ILG) celebra o seu 40 aniversario
En 1971 a Universidade de Santiago de Compostela creaba o Instituto da Lingua Galega (ILG) e, para celebrar o 40 aniversario, o día 20 de maio de 2011 ten lugar un acto conmemorativo
1991-2011: Vinte anos de equipos de normalización lingüística nos centros de ensino
A Coordinadora Galega de ENDL organiza un acto para darlle visibilidade ao traballo dos equipos de normalización lingüística do ensino, no vinte aniversario do seu nacemento, e para recoñecer publicamente o labor de Agustín Fernández Paz neste ámbito. Terá lugar o sábado 4 de xuño en Compostela
Curso de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras nas universidades galegas
As universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo convocan, un ano máis, cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras. Nas tres universidades os cursos terán lugar durante o mes de xullo

Axenda da lingua
20 de maio
Celebración do 40 aniversario do ILG
26 de maio e 9 e 10 de xuño
Curso de xestión administrativa para SNL (3.º edición)
1 de xuño
Comeza o prazo de matrícula no VII Curso de verán sobre dinamización lingüística
4 de xuño
Acto: Vinte anos de equipos de normalización lingüística nos centros de ensino
9 de xuño
Remata o prazo de solicitude das bolsas do Consello da Cultura Galega