LINGUA
Queremos Galego convoca unha mobilización expansiva o 17 de maio
A plataforma cívica Queremos Galego convoca unha mobilización expansiva que terá lugar o 17 de maio pola mañá en ducias de lugares do país e de fóra
Os meus favoritos, guía para difundir o uso de galego en internet
Os concellos de Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas, a través dos seus SNL, difunden a guía Os meus favoritos, para contribuír á difusión da información en lingua galega, ao mesmo tempo que da música, do deporte, da creación artística… Tamén ao uso en galego dos sistemas operativos, paquetes ofimáticos, navegadores ou redes sociais
Agasallo sincronizado para o mundo
O colectivo GalegoLab promove Agasallo sincronizado para o mundo, que ten como obxectivo conseguir que o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, o galego se escoite de xeito sincronizado nos cinco continentes
Na Coruña, o galego medra contigo!
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza, máis un ano, a campaña O galego medra contigo!, dirixida a nenas/os de 5 a 10 anos. A campaña ten como obxectivo transmitir a importancia do valor das palabras ligada coa importancia da transmisión interxeracional do galego
A lingua preferida, por Xurxo Borrazás
Non queremos unha lingua excelsa, preferímola vulgar. Tampouco a queremos celebrada, preferímola falada. Non a queremos amábel, preferímola impertinente. Non queremos unha lingua fermosa, preferímola útil… [segue]
CONVOCATORIAS
Bolsas de colaboración no Consello da Cultura Galega
O Consello da Cultura Galega convoca dúas bolsas de colaboración coa súa área de publicacións para licenciados/as en Filoloxía Galega. O prazo de solicitude remata o 9 de xuño
AXENDA DA LINGUA
13 de maio
Correlingua en Ourense e en Verín
14 de maio, na Coruña
Concerto das Letras
17 de maio
Mobilización expansiva de Queremos Galego
19 de maio
Remata o prazo de solicitude das subvencións para accións de normalización lingüística en Vigo