LINGUA
En galego sempre somos. Comeza o Correlingua 2011
45.000 rapaces e rapazas participan nunha nova edición do Correlingua, que percorre 15 comarcas do país entre o 2 e o 13 de maio, e no que participan 400 centros de ensino e co que colaboran varias organizacións sociais e varias entidades públicas
Marful e Berrobambán Teatro actuarán na Festa da Lingua que terá lugar o 7 de maio en Carballo
A Deputación da Coruña organiza en Bergantiños a IV Festa da Lingua, unha actividade que cada ano ten lugar nunha comarca e que nesta ocasión terá lugar o sábado 7 de maio, ás 21.00 h, no Pazo da Cultura de Carballo. Contará coa actuación musical de Marful e teatral de Berrobambán, e será presentada por Yolanda Castaño. O manifesto é de Xurxo Borrazás
A Mesa, premio Rosalía de Castro de Lingua 2011
O xurado do II Premio Rosalía de Castro de Lingua 2011, convocado pola Deputación da Coruña, decidiu concederlle o premio á Mesa pola Normalización Lingüística para recoñecer a súa traxectoria de 25 anos traballando na defensa e promoción do galego
O VII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2011, dotado con 1.000 euros e a publicación nos nove medios de comunicación colaboradores, foi para o artigo «Empoderármonos», do mozo escritor Marcos Abalde Covelo. O xurado tamén lle concedeu un accésit ao artigo «Gas», de Diego Giráldez
FORMACIÓN
Curso de xestión administrativa para SNL
Esta terceira edición do Curso de xestión administrativa para servizos de normalización lingüística (SNL) de administracións públicas locais terá lugar en Santiago de Compostela os días 26 de maio e 2 e 10 de xuño. O prazo de inscrición está aberto do 1 de abril ao 9 de maio
AXENDA DA LINGUA
Consulta a Axenda da lingua completa>
4 de maio
-Correlingua na Coruña e en Bueu
5 de maio
-Correlingua en Narón
6 de maio
-Remata o prazo de solicitude das bolsas do Centro Ramón Piñeiro
-Remata o prazo de solicitude para as axudas para o desenvolvemento e produción de contidos interactivos en lingua galega
-Correlingua en Burela e na Estrada
7 de maio
-IV Festa da Lingua. Ás 21.00 h en Carballo. Coa actuación musical de Marful e teatral de Berrobambán
9 de maio
-Remata o prazo de inscrición para o Curso de xestión administrativa para SNL
-Correlingua no Carballiño e en Monforte de Lemos
10 de maio
-Correlingua en Pontevedra
11 de maio
-Correlingua en Lugo e en Vilagarcía de Arousa
12 de maio
-Correlingua en Vigo
13 de maio
-Correlingua en Ourense e en Verín