[123] Por que o preguntas? Cursos, bolsas, subvencións…

Lingua ¿Por qué hablas gallego? Por que o preguntas? Por que falas galego? E para que? Para que che serve? […]
Lingua

Lingua

¿Por qué hablas gallego? Por que o preguntas?

Por que falas galego? E para que? Para que che serve? Pero porque te empeñas en seguir falándoo? Ademais, que galego falas? Ese inventado? Ou o bruto, da aldea?… A Coordinadora Galega de ENDL presenta a campaña Por que o preguntas?, co obxectivo de que a comunidade educativa reflexione sobre os prexuízos lingüísticos

Ops! Para que o estudantado vexa as vantaxes competitivas do galego

Ops! é o que exclamamos cando nos decatamos de algo que xa sabiamos, mais que non lembrabamos ou no que non caiamos. E, con ese nome, é co que, desde a Agal, están a desenvolver obradoiros nos centros de ensino para amosar que o galego é unha entrada privilexiada para acceder ao mundo en portugués e unha vantaxe competitiva

Convocatorias e formación

Convocatorias e formación

Cursos de linguaxe administrativa para persoal da administración local

A EGAP convoca cursos de linguaxe administrativa para persoal da administración local, tanto de nivel medio (na modalidade de teleformación) como de nivel superior (modalidade presencial). O prazo de inscrición remata o 13 de abril

Bolsas de formación no Centro Ramón Piñeiro

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca seis bolsas de formación en diferentes proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. O prazo de presentación remata o 6 de maio

A CTNL convoca unha nova edición do curso de xestión administrativa para o traballo en servizos de normalización lingüística

Esta terceira edición do Curso de xestión administrativa para servizos de normalización lingüística (SNL) de administracións públicas locais terá lugar en Santiago de Compostela os días 26 de maio e 2 e 10 de xuño. O prazo de inscrición está aberto do 1 de abril ao 9 de maio

Subvencións para proxectos audiovisuais e para proxectos interactivos en lingua galega

Convocatoria de subvencións para a produción de videoclips musicais e curtametraxes en galego

Axenda da lingua

Axenda da lingua

Do 6 ao 9 de abril, en Pontevedra

Congreso Xoán Manuel Pintos. Actualidade e compromiso

7 de abril

Remata o prazo de solicitude das axudas para a edición de materiais didácticos curriculares en galego

Do 7 ao 9 de abril, en Ourense

Xornadas de Toponimia

8 de abril

Remata o prazo do VII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo

10 de abril

Remata o prazo de presentación do concurso Cantalingua

11 de abril

Remata o prazo de solicitude de subvencións ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

12 de abril

Presentación en Ordes de En castellano no hay problema

13 de abril

Remata o prazo de solicitude dos cursos de linguaxe administrativa para traballadores/as da administración local

14 de abril

Remata o prazo de inscrición para o XI Concurso de relato oral Tíralle da lingua

Consulta aquí a Axenda da Lingua completa >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio