[122] Curso de xestión administrativa para SNL (3.ª edición)

A CTNL convoca, en colaboración coa SXPL e a USC, unha nova edición do Curso de xestión administrativa para o traballo en servizos de normalización lingüística, que terá lugar en Santiago de Compostela en maio e xuño
Obxectivos e contidos

Obxectivos e contidos

Os obxectivos deste Curso de xestión administrativa para SNL son coñecer o procedemento administrativo xeral que lles afecta aos SNL, achegarse aos trámites administrativos básicos que require o traballo desde os departamentos de normalización e fornecer dos recursos básicos para desenvolver o traballo de xestión administrativa nun SNL.

Para isto, traballaranse contidos como as fontes de dereito local, o procedemento administrativo, as subvencións, os contratos, os convenios, as facturas, o control interno, a xestión do gasto público, os orzamentos, etc.

A profesora do curso será Alicia Paula Otero González, técnica de administración xeral do Concello de Pontevedra.

Lugar, datas e horarios

-Xoves 26 de maio, de 17.00 h a 21.00 h

-Xoves 2 de xuño, de 17.00 h a 21.00 h

-Venres 10 de xuño, de 10.00 h a 14.00 h e de 16.30 h a 20.30 h

Todas as sesións terán lugar na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela

Inscrición e máis información

O prazo de solicitude de participación no curso está aberto desde o 1 de abril ás 10.00 h até o 9 de maio ás 14.00 h.

O formulario de inscrición e máis información pode atoparse aquí >

COLABORAN

-Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Filoloxía Galega

-Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio