Novas
A lingua que queremos… Participa no Foro de lingua de Achegarte
Por segundo ano, A Coruña acolle a feira cultural Achegarte, que terá lugar os días 2 e 3 de abril. Nesta edición, como novidade, inclúe un foro sobre o estado da cultura, que inclúe diversas seccións, entre elas unha de lingua, para a que xa se poden achegar ideas na rede que logo serán levadas ás mesas de traballo
Cartafol de recursos para embarazadas para animar a usar o galego na comunicación familiar
Animar os pais e as nais a introducir o galego na comunicación cos seus fillos e fillas desde os primeiros momentos. Ese é o principal obxectivo do cartafol Xeración dos Axóuxeres, unha iniciativa da SXPL que está pensada para acompañar as mulleres e as súas parellas durante o derradeiro tramo do embarazo
Galiza co Galego procura apoios para a súa rede de escolas infantís
A asociación Galiza co Galego quere poñer en marcha no próximo curso unha rede de escolas infantís privadas que garantan o uso da lingua galega, para o que buscan o apoio de persoas que queiran contribuír ao seu proxecto
Xornadas de Toponimia organizadas polo Concello de Ourense
Os días 7, 8 e 9 de abril terán lugar en Ourense unhas Xornadas de Toponimia organizadas polo SNL municipal e nas que se analizará a toponimia como patrimonio, o traballo de campo ou a didáctica. A inscrición é gratuíta
Axenda
28 de marzo
-HOXE Remata o prazo de preinscrición nos XIII Encontros para a normalización lingüística
-Presentación en Lugo do libro En castellano no hay problema
31 de marzo
-Remata o prazo de presentación de propostas para o II Premio Rosalía de Castro a iniciativas normalizadoras
1 de abril
-Remata o prazo de presentación do concurso de vídeos do Correlingua
2 e 3 de abril, na Coruña
-Achegarte 2011
Do 6 ao 9 de abril, en Pontevedra
-Congreso Xoán Manuel Pintos. Actualidade e compromiso
7 de abril
-Remata o prazo de solicitude das axudas para a edición de materiais didácticos curriculares en galego
Do 7 ao 9 de abril, en Ourense
-Xornadas de Toponimia
8 de abril
-Remata o prazo do VII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo