12 pelis para os peques, na Coruña

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña programa, todos os sábados de xaneiro, febreiro e marzo, a partir das 18 horas, unha película de temática infantil na sede do MACUF da Coruña, unha actividade que parte coa finalidade de ofrecer unha alternativa de lecer para as familias durante os fins de semana e co responde a unha demanda reiterada desde as familias e os colectivos de ensino.

Os filmes que se proxectarán son os seguintes:



  • As supernanas: a película. Sábado 10 de xaneiro


  • Tintín e o lago dos tiburóns. Sábado 17 de xaneiro


  • Daniel o fedello. Sábado 24 de xaneiro


  • Looney Tunes: de novo en acción. Sábado 31 de xaneiro


  • Doraemon e as mil e unha aventuras. Sábado 7 de febreiro


  • Flipper. Sábado 14 de febreiro


  • Asterix o galo. Sábado 21 de febreiro


  • Os vixiantes do camiño. Sábado 28 de febreiro


  • Maxia na auga. Sábado 7 de marzo


  • Doraemon e os piratas do sur. Sábado 14 de marzo


  • Tintín e o Templo do Sol. Sábado 21 de marzo


  • Becassine e o tesouro dos viquingos. Sábado 28 de marzo




Para máis información, pode consultarse o blogue do SNL da Coruña, aínda na súa fase de probas
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio