[12] Participa! Colabora! Opina!

O sitio web da CTNL (www.ctnl.org) debe ser un espazo dinámico e participativo, no que ademais de información de actualidade sobre o proceso de normalización lingüística e outras informacións de interese para os/as asociados da Coordinadora, tamén se deben recoller e difundir as opinións e análises das socias e dos socios.
Máis alá! Participa no web da CTNL

Máis alá! Participa no web da CTNL

Dentro do apartado Actualidade do web da CTNL hai unha sección que leva por nome Máis alá.

Este é o espazo para publicar opinións, entrevistas, análises, etc., e que procura canalizar e difundir as colaboracións dos socios e das socias.

A túa opinión e participación é moi importante!

Entón, agardamos poder contar contigo.

INFORMACIÓN E CRITERIOS BÁSICOS PARA COLABORAR NO WEB DA CTNL (.pdf)

Como podo colaborar?

Como podo colaborar?

Na sección Máis alá hai en principio tres tipos de contidos: opinións, entrevistas e análises.

Ti podes enviar un artigo de opinión sobre calquera tema concreto relacionado coa defensa e promoción da lingua galega, con propostas ou análises sobre o proceso de normalización, con experiencias sociolingüísticas concretas, con accións de impulso ao uso social do galego, con experiencias útiles ou favorábeis para a dinamización da lingua, con cuestións concretas ou xerais de política lingüística, con temas puntuais e de actualidade, etc.

Tamén podes facerlle unha entrevista a algunha persoas relevante no proceso de normalización, a socias e socios da CTNL, a técnicos/as de normalización, a responsábeis de SNL, ENDL, asociacións, empresas ou outras entidades, etc.

Ou podes compartir algunha análise ou avaliación de accións de normalización, de campañas, de proxectos, etc. Algunha análise de novas publicacións ou ferramentas para a lingua (libros, dicionarios, vocabularios, software, sitios web, ferramentas dixitais, manuais, etc.).

Podes consultar os criterios básicos de colaboración e enviar a túa achega ao enderezo electrónico participa@ctnl.org.

INFORMACIÓN E CRITERIOS BÁSICOS PARA COLABORAR NO WEB DA CTNL (.pdf)

Agardamos a túa participación!

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio