12 do 12 do 12, ás 12: #recitandoacelsoemilio

Máis de 30.000 voces en máis de 200 centros de ensino participan o 12 do 12 do 12 ás 12 en #recitandoacelsoemilio, unha proposta da Coordinadora Galega de ENDL para erguer a voz no centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro

Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) queren renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.

Para iso, artellaron #recitandocelsoemilio, un acto colectivo de recitado público do poema “Deitado fronte ao mar” e un envío masivo a través das redes sociais do lema #recitandocelsoemilio, acompañado do texto do poema “Deitado fronte ao mar”.

Na acción xa confirmaron previamente a súa participación máis de 30.000 voces de máis de 200 centros de ensino.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio