[119] Convocatoria de subvencións, formación, axenda…

CONVOCATORIAS Convocatoria de subvencións ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega A SXPL convoca subvencións a […]
CONVOCATORIAS

CONVOCATORIAS

Convocatoria de subvencións ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

A SXPL convoca subvencións a entidades locais para a creación ou mantemento de servizos lingüísticos ou para accións de dinamización lingüística. Estas axudas sofren unha forte redución orzamentaria de máis do 30%.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de abril

Convocatoria de axudas para a edición de materiais didácticos curriculares en galego

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 7 de abril

FORMACIÓN

FORMACIÓN

Vivan os que rompen cadeas de ferro! Xornadas de normalización lingüística de Pontevedra

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística e en colaboración cos ENDL dos centros de ensino do concello, organiza as I Xornadas de normalización lingüística Xoán Manuel Pintos, que se desenvolven do 14 ao 18 de marzo

Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras en Santiago de Compostela

O Instituto da Lingua Galega, a Real Academia Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan a 24º edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras, que terán lugar en Santiago de Compostela do 4 ao 29 de xullo de 2011. O prazo de inscrición remata o 1 de maio

A Comisión de Normalización de Filoloxía da UdC organiza diversos seminarios de dinamización lingüística

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña organiza seminarios de novas tecnoloxías para o galego, de expresión oral e de elaboración de materiais para a aprendizaxe da lingua

XIII Encontros para a normalización lingüística. 28 e 29 de abril

O Consello da Cultura Galega, a través do CDSG e en colaboración coa CTNL e a SXPL, convoca os XIII Encontros para a normalización lingüística, que terán lugar en Santiago de Compostela os días 28 e 29 de abril de 2011. O prazo de preinscrición está aberto até o 28 de marzo

AXENDA DA LINGUA

AXENDA DA LINGUA

11 de marzo

-Obradoiro dos Axóuxeres en Vilagarcía de Arousa

-Presentación en Padrón de En castellano no hay problema

12 de marzo

-Obradoiro dos Axóuxeres en San Cibrao das Viñas e Verín

-Encontro de equipos pola normalización lingüística do ensino, en Santiago de Compostela

13 de marzo

-Encontros dos Axóuxeres en Foz e Vilalba

-Obradoiro dos Axóuxeres en Vilagarcía de Arousa

14 de marzo

-Remata o prazo de inscrición nos VI Seminarios de Dinamización Lingüística no Ensino

Do 14 ao 18 de marzo, en Pontevedra

-I Xornadas de normalización lingüística Xoán Manuel Pintos

Consulta aquí a axenda completa >

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio