[118] XIII Encontros para a normalización lingüística. 28 e 29 de abril

O Consello da Cultura Galega, a través do CDSG e en colaboración coa CTNL e a SXPL, convoca os XIII Encontros para a normalización lingüística, que terán lugar en Santiago de Compostela os días 28 e 29 de abril de 2011. O prazo de preinscrición está aberto até o 28 de marzo
PROGRAMA

PROGRAMA

Esta XIII edición dos Encontros vai enfocar a súa atención na lingua como elemento de cohesión social, nas actitudes da cidadanía con respecto ao idioma, na experiencia neofalante, na promoción do galego como política pública, na análise da política lingüística municipal e nas propostas de futuro.

Información e programa completo >

INSCRICIÓN

-Prazo de preinscrición: até o 28 de marzo

-Listaxe de admitidos/as: 31 de marzo

-Prazo de matrícula: do 1 ao 10 de abril

-Cota de inscrición: normal 10 euros; estudantes e licenciados/as en paro 5 €.

Para os/as socios/as da CTNL a inscrición é de balde.

Formulario de inscrición >

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio