Convocatorias
Convocado o II Premio Rosalía de Castro a iniciativas normalizadoras
Co obxectivo de recoñecer o labor dunha persoa, empresa, asociación ou entidade que destaque polo seu traballo para a normalización da lingua galega, a Deputación da Coruña convoca por segundo ano o Premio Rosalía de Castro, para o que se poden presentar propostas até o 31 de marzo
Convocado o VII premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo
Outorgarase un premio de 1.000 euros e a difusión do artigo gañador nos 9 medios de comunicación que colaboran co certame. O obxectivo é promover a reflexión sobre a situación do galego e crear espazos para promocionar o seu uso e prestixio. O prazo de presentación remata o 8 de abril
Lingua
Ante a convocatoria de dúas prazas de grupo II de técnico/a de normalización lingüística por parte da Universidade da Coruña, a CTNL solicitou que esas prazas sexan de grupo I e que se convoquen mediante un proceso máis xusto
A Deputación da Coruña, desde o seu departamento de Servizos Sociais, distribuíu nos concellos da provincia un caderno de orientación para un uso non sexista da linguaxe administrativa galega. Pode consultarse tamén na rede
Atopando Compostela. Xogo educativo sobre a toponimia da capital galega
A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela presentou “Atopando Compostela”, un xogo educativo sobre a toponimia da capital galega dirixido á educación secundaria co afán de que a rapazada se familiarice cos nomes propios dos lugares do municipio
Formación
Convocatoria de cursos en liña para preparar as probas do Celga 1
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca tres cursos en liña para a preparación das probas para a obtención do Celga 1. Os cursos terán lugar do 4 de abril ao 15 de xuño, e a matrícula está aberta até o 20 de marzo
VI Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino
A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza o VI Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino, dirixido aos membros e coordinadores/as dos equipos de dinamización lingüística, que se celebrará entre o 28 de marzo e o 8 de abril nas sete cidades galegas. O prazo de inscrición remata o 14 de marzo