[115] Pelos na lingua, Office, Congreso Pintos, Entroido, Encontro ENDL, Axenda…

Lingua Pelos na lingua. Os prexuízos e o debate lingüístico visto desde o teatro e con humor Ante a situación […]
Lingua

Lingua

Pelos na lingua. Os prexuízos e o debate lingüístico visto desde o teatro e con humor

Ante a situación conflitiva do idioma, e despois da exitosa Bicos con lingua, Talía Teatro volve intervir no debate sociolingüístico cunha nova proposta escénica, Pelos na lingua, na que se convida á reflexión a través de dez sketchs cheos de humor e ironía

Windows 7 e Office 2010, dispoñíbeis en galego

Microsoft e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta presentan as versións en galego dos últimos produtos tecnolóxicos de Microsoft, xa dispoñíbeis para a súa descarga: Windows7, Office 2010, Dynamics CRM e Sharepoint

Recursos para un Entroido en galego

Desata a lingua! Concurso radiofónico de teatro lido en Ames

Formación e encontros

Formación e encontros

Encontro de equipos pola normalización lingüística do ensino. 12 de marzo en Compostela

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística convoca un encontro que terá lugar o 12 de marzo en Santiago de Compostela. Esta xornada procurará ser un espazo de encontro para o intercambio de experiencias

Congreso Xoán Manuel Pintos. Actualidade e compromiso

Dentro das actividades que o Concello de Pontevedra organiza para celebrar o Ano Pintos, desenvolverase entre o 6 e o 9 de abril un congreso no que se analizará a obra deste precursor do Rexurdimento, e no que se lle dará especial importancia á súa faceta lingüística e sociolingüística

Axenda da lingua

Axenda da lingua

Consulta aquí a axenda completa >

Do 23 ao 25

-I Festa da Lingua no IES Sangriña da Guarda

24 de febreiro

-Presentación en Bertamiráns de En castellano no hay problema

-Presentación das ferramentas en galego de Microsoft. Santiago de Compostela

25 de febreiro

-Asemblea Xeral da CTNL. 17.30 h. Auditorio de Galiza. Santiago de Compostela

-Obradoiro dos Axóuxeres en Redondela

-Presentación en Moaña de En castellano no hay problema

-Estrea de Pelos na lingua, teatro sobre os usos e abusos arredor do galego. Carballo

26 de febreiro

-Encontros dos Axóuxeres en Verín e San Cibrao das Viñas

-Obradoiro dos Axóuxeres na Cañiza e en Tui

-II Club de Debate de Pontevedra. Final

27 de febreiro

-Obradoiro dos Axóuxeres na Cañiza

28 de febreiro

-Remata o prazo de solicitude dos cursos Celga organizados pola SXPL

1 de marzo

-Remata o prazo de presentación para a convocatoria de prazas de técnico/a de normalización da UDC

4 de marzo

-Remata o prazo de presentación para as probas de asesor/a lingüista da CRTVG

-Presentación en Allariz de En castellano no hay problema

Consulta aquí a axenda completa >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio