[114] Propostas para a Asemblea Xeral da CTNL

Benquerida/o socia/o, Lembrámosche que este venres, 25 de febreiro, ás 17.30 h, terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da CTNL. […]

Benquerida/o socia/o,

Lembrámosche que este venres, 25 de febreiro, ás 17.30 h, terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da CTNL.

-Día: venres 25 de febreiro de 2011

-Hora: 17.30 h

-Lugar: Sala circular do Auditorio de Galiza (Avda. do Burgo das Nacións s/n. Santiago de Compostela)

Para que poidas preparar mellor as túas achegas e propostas, está ao teu dispor toda a documentación para a Asemblea, que podes descargar aquí (accedendo a través da área restrinxida do web).

Así, para facermos entre todas e todos unha asemblea máis áxil, dinámica, participativa e produtiva, xa podes consultar:

  • Acta da Asemblea anterior
  • Informe-memoria de xestión da CTNL en 2010
  • Informe económico da CTNL en 2010
  • Propostas de acción da CTNL para o período 2011
  • Previsións orzamentarias para 2011

Accede á documentación para a Asemblea Xeral 2011 >

Se non lembras o teu nome de usuario/-a e/ou contrasinal para accederes á área restrinxida do web, podes solicitalos novamente no enderezo electrónico web@ctnl.org.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio