[113] Novas CTNL (17/2/2011)

Novas de lingua Comeza o II Club de debate de Pontevedra para promocionar o galego como lingua de comunicación na […]
Novas de lingua

Novas de lingua

Comeza o II Club de debate de Pontevedra para promocionar o galego como lingua de comunicación na mocidade

O sábado 19 de febreiro comeza o II Club de Debate en Pontevedra, unha actividade organizada pola Concellaría de Normalización Lingüística, en colaboración cos EDNL dos centros de ensino do concello para traballar as habilidades comunicativas en galego

Nace Cartafol, un novo semanario do ensino galego

Neste mes de febreiro naceu a revista Cartafol, un semanario en galego sobre o ensino que ten como un dos seus temas principais a normalización lingüística

En Narón queren recoller as palabras do galego

Os equipos de normalización de Ferrol difunden a figura de Carvalho Calero a través dun web

En galego, sen filtro. Certame de creación para o alumnado de Ferrol

Convocatorias

Convocatorias

XI Concurso de relato oral Tíralle da lingua

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) convoca a XI edición do Concurso de relato oral Tíralle da lingua para promocionar o uso oral do galego entre escolares de Primaria, ESO e Bacharelato. O prazo de inscrición remata o 14 de abril. A fase final terá lugar o 28 de abril en Santiago de Compostela

Convocatoria de axudas para publicacións periódicas en galego

A Secretaría Xeral de Medios da Xunta publicou no DOG do 15/2/2011 a convocatoria de axudas a empresas que realicen publicacións periódicas integramente en galego. O prazo de solicitude remata o 16 de marzo

Axenda da lingua

Axenda da lingua

Consulta aquí a información completa da Axenda da Lingua >

17 de febreiro

-Remata o prazo da Convocatoria de subvencións para proxectos de fomento do galego en centros de ensino privados

-Percebe Son, foro musical e de entretemento para o galego

18 de febreiro

-Presentación en Ponteareas de En castellano no hay problema

19 de febreiro

-Obradoiro dos Axóuxeres en Muros

-II Club de Debate en Pontevedra. Preliminar

20 de febreiro

-Encontros dos Axóuxeres en Redondela e Vilagarcía de Arousa

-Obradoiro dos Axóuxeres en Santa Comba

21 de febreiro

-Día internacional da lingua materna

22 de febreiro

-Remata o prazo de inscrición nos cursos de linguaxe administrativa da EGAP

Do 23 ao 25

-I Festa da Lingua no IES Sangriña da Guarda

24 de febreiro

-Presentación en Bertamiráns de En castellano no hay problema

25 de febreiro

-Obradoiro dos Axóuxeres en Redondela

-Asemblea Xeral da CTNL

-Presentación en Moaña de En castellano no hay problema

Consulta aquí a información completa da Axenda da Lingua >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio