[112] Convocatoria de prazas, amor e lingua, formación…

Convocatorias e formación A CRTVG convoca, mediante un proceso de consolidación de emprego, tres prazas de asesor/a lingüista A CRTVG […]
Convocatorias e formación

Convocatorias e formación

A CRTVG convoca, mediante un proceso de consolidación de emprego, tres prazas de asesor/a lingüista

A CRTVG fixo público un proceso extraordinario de consolidación de emprego para a provisión de vacantes de varias prazas de persoal laboral fixo, entre as que hai tres prazas de asesor/a lingüista. O prazo de presentación remata o 4 de marzo

A UdC convoca dúas prazas de técnico/a medio/a en normalización lingüística

A Universidade da Coruña fixo pública a convocatoria dun proceso selectivo, mediante concurso-oposición, para a provisión de dúas prazas de técnico/a de grao medio en normalización lingüística como persoal laboral fixo. O prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso está aberto até o 1 de marzo

Probas para a obtención do Celga en 2011

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publica no DOG do 10 de febreiro de 2011 a convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2011. En Galiza haberá unha única convocatoria no mes de xuño

Cursos presenciais e en liña de linguaxe administrativa para persoal da Administración autonómica

Outras novas de lingua

Outras novas de lingua

O amor, a Candeloria, San Valentín…, e a lingua

O 2 de febreiro, día da Candeloria, é o día no que casan os paxariños, polo tanto, o día do amor. E o 14 de febreiro está considerado tamén o día dos/as namorados/as. E así, entre unha data e outra, hai diversas iniciativas coas que se procura promocionar o galego no amor e nas relacións de parella

Percebe Son, foro musical e de entretemento para o galego

O xoves 17 de febreiro terá lugar en Vigo o Percebe Son, un foro cultural, musical e de entretemento en relación coa lingua organizado polo ENDL do IES Audiovisual de Vigo.

A CTNL desenvolverá Asemblea Xeral o 25 de febreiro en Compostela

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) desenvolverá a Asemblea Xeral Ordinaria, na que acordará as liñas de acción para 2011, o venres 25 de febreiro pola tarde no Auditorio de Galiza de Santiago de Compostela

Axenda

Axenda

11 e 12 de febreiro

Obradoiro dos Axóuxeres en Arteixo

13 de febreiro

Encontros dos Axóuxeres en Tui e na Cañiza

13 de febreiro

Obradoiro dos Axóuxeres en Miño

14 de febreiro, 17.00 h en Santiago de Compostela

Goza coa túa lingua – Bicada polo galego

15 de febreiro

Remata o prazo para actualizar a documentación de profesorado colaborador da SXPL

15 de febreiro

Remata o prazo de envío de traballos do concurso para o manifesto do Correlingua

15 de febreiro

Remata o prazo de envío de traballos do concurso de banda deseñada do Correlingua

17 de febreiro

Remata o prazo da Convocatoria de subvencións para proxectos de fomento do galego en centros de ensino privados

17 de febreiro

Percebe Son, foro musical e de entretemento para o galego

Consulta a información completa da Axenda da Lingua aquí >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio