Asemblea Xeral Ordinaria 2011
Compráceme convocarte á Asemblea Xeral Ordinaria da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).
-Día: venres 25 de febreiro de 2011
-Hora: 17.30 h
-Lugar: Sala circular do Auditorio de Galiza (Avda. do Burgo das Nacións s/n. Santiago de Compostela)
Orde do día
1. Lectura e votación da acta da asemblea anterior
2. Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas
3. Exposición e avaliación da xestión e accións do último ano
4. Informe de contas e orzamento para o próximo exercicio
5. Programa de traballo 2011
6. Cambios na Xunta Directiva
7. Rolda aberta de intervencións
Documentación para a Asemblea
A partir do día 18 de febreiro podes descargar na área restrinxida a socios/as do web da CTNL (www.ctnl.org) toda a documentación para a asemblea: acta da asemblea anterior, informe de altas e baixas de socios/as, informe de xestión, informe de contas e programa de traballo 2011. Deste xeito, podes preparar mellor as túas achegas e propostas e así facermos entre todas e todos unha asemblea máis áxil, dinámica, participativa e produtiva.
Atentamente,
Nel Vidal Barral
Presidente da CTNL
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2011
Cea anual da CTNL
-Lugar: Casa de Xantar O Dezaseis
-Hora: 22.00 h
-Prezo: 24 euros
-Confirmación de asistencia para a cea: debes confirmar a túa asistencia até o 18 de febreiro no enderezo info@ctnl.org ou no teléfono 629 571 950