Novas de lingua
O 14 de febreiro, goza coa túa lingua. Bicada polo galego en Compostela
A Mesa fai un chamamento a manifestar o amor polo galego o Día dos Namorados, e faino convocando unha bicada lúdico-reivindicativa na defensa do noso idioma o luns 14 de febreiro ás 17.00 h na Praza do Toural de Santiago de Compostela
A Coruña acolle un ano máis o certame de debate Falamos
O venres 4 de febreiro terá lugar unha nova edición do certame de debate Falamos, convocado polo Concello da Coruña e a AS-PG para promover a expresividade e argumentación en galego entre a mocidade
En Oroso, as receitas do Entroido saben mellor en galego
O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Oroso convoca un concurso de receitas de Entroido para contribuír a promocionar a lingua na gastronomía durante esas festas
Os colectivos que forman parte de galeguizargalicia.com acaban de pór en marcha a canle galeguizargalicia.tv, a través da que difunden os vídeos das súas actividades a prol da lingua
Os Axóuxeres seguen soando en 2011
Os Axóuxeres, programa de dinamización lingüística para a transmisión interxeracional do galego, retoman a súa programación para bebés e familias en 12 localidades no primeiro trimestre do ano
Axenda da lingua
Entre o 17 de xaneiro e o 3 de febreiro
III Xornadas de toponimia en Pontevedra
3 de febreiro
Remata o prazo de inscrición nos cursos de galego das EOI
4 de febreiro
Certame de debate Falamos, na Coruña
5 de febreiro
Encontros dos Axóuxeres en Muros e Santa Comba
7 de febreiro
Remata o prazo de inscrición nas II Jornadas de Cultura, Língua e Ensino organizadas pola AGAL e a UdC
9 e 10 de febreiro, na Coruña
II Jornadas de Cultura, Língua e Ensino
11 e 12 de febreiro
Obradoiro dos Axóuxeres en Arteixo
13 de febreiro
Encontros dos Axóuxeres en Tui e na Cañiz
13 de febreiro
Obradoiro dos Axóuxeres en Miño