Información completa do informe sobre a Rede de Dinamización Lingüística no web da CTNL >
Os principais problemas detectados pola CTNL na creación da Rede de Dinamización Lingüística son:
- A figura da rede non é a mellor fórmula
- Non ten sentido crear unha rede para coordinar o traballo en dinamización lingüística sen unidades técnicas que desenvolvan ese traballo
- Para crear unha rede cumpriría estabilizar os poucos servizos de normalización existentes e crear outros novos, algo que non se fai
- Aos concellos non se lles pide ningunha condición mínima, nin sequera o uso do galego e o compromiso coa súa promoción
- Confúndese a finalidade cos medios. A dinamización non pode ser un fin, senón que ten que ser un medio para acadar a normalización
- Os concellos poden estar representados na Rede por técnicos/as sen ningún coñecemento nin competencia en normalización lingüística
- Nin a Dirección Xeral de Administración Local, nin a Fegamp, nin outras entidades con competencias en normalización lingüística están formalmente representadas
- O excesivo control da SXPL sobre os órganos da Rede permítelle tomar as decisións que queira en nome de todos
- Hai unha carencia total de recursos económicos e humanos para a Rede ao mesmo tempo que un drástico recorte orzamentario para a creación e mantemento de servizos de normalización lingüística
- Os retrocesos lingüísticos en distintos ámbitos e o clima social desfavorábel ao proceso de normalización lingüística impulsados desde o propio goberno dificultan o proxecto
- A orde de creación está chea de contradicións