A CTNL e o traballo de normalización lingüística en Galiza
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) é unha asociación que traballa na defensa dos intereses xerais dos traballadores e das traballadoras de normalización lingüística, na súa formación continua e na mellora do proceso de promoción do uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos da sociedade
Curso de xestión administrativa para SNL
A nova actividade formativa da CTNL terá lugar os días 15, 16 e 22 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC. A inscrición estará aberta do 29 de setembro ao 8 de outubro.
A décimo segunda edición do LGx15 terá lugar o 10 de outubro no Teatro Principal de Compostela
Unha nova edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela o sábado 10 de outubro ás 19.00 h. Teremos intervencións dun máximo de 15 minutos para transmitir de forma visual e divertida ideas, argumentos e consellos co fin de influír positivamente sobre o futuro do idioma. As persoas convidadas a participar na décimo segunda edición falarannos de lingua e videoxogos, relación coa natureza, deporte, audiovisual, integración a través da lingua, oportunidades de aprendizaxe do portugués… As diferentes perspectivas e propostas axudarannos a reflexionar sobre o futuro da nosa lingua con novos argumentos para intentar influír…
Paseo, obradoiro e foliada para celebrarmos 30 anos da CTNL
O sábado 3 de outubro celebramos en Santiago de Compostela que a CTNL fixo este ano 30 anos.
LGx15: Ideas para o futuro da lingua

Premios Mil Primaveras

Agasallo

Viveiro de propostas normalizadoras

Como cho digo ;-)

Gústame o galego

Que se vexa o galego!





