CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7657 votos
Votar | | | |


19-05-2010

Glósima e TiBoXe, novas ferramentas dentro do novo web de Trasno

Proxecto Trasno
Imaxe renovada, novo sitio web, máis comunicación... e tamén novas ferramentas. O proxecto Trasno presenta o TiBoXe, unha ferramenta de consulta de terminografía informática, e o Glósima, un sistema de discusión terminolóxica


Despois de 10 anos traballando a prol do software libre en galego (SwL, en diante) e/ou do galego no SwL, despois de constituír a Asociación que represente legalmente ao voluntariado, cando sexa necesario, desde Trasno din que chegou o momento de presentar unha imaxe máis acorde cos tempos, de aí un novo web. Pero non é unha nova cara para os mesmos contidos, xa que incorporaron tamén novas ferramentas e novas maneiras de estabelecer comunicación cos/coas usuarios/as e entre os/as tradutores/as..., que, no fondo, é o que serviu de catalizador para constituír a Asociación. As novas ferramentas son o TiBoXe e o Glósima; entre os novos medios están o foro, os perfís en Facebook, Twiter, Latri.ca e en Identi.ca. Pero seguen tamén coa lista de correo que funcionou ata agora como canle principal.

Incorporaron tamén blogs para cada proxecto de tradución, nos que os seus coordinadores poderán ir informando de cada paso; teñen tamén unha plaforma de tradución en liña (Pootle) e unha wiki máis estensa e mellor artellada que a que viñan utilizando; nela xa engadiron moita documentación útil para os/as tradutores/as, e máis que seguirán a xerar.

O TiBoXe é unha ferramenta libre (GPL) de consulta de terminografía informática, nacida no seo de Proxecto Trasno. O desenvolvedor principal é Fran Diéguez, coordinador do equipo de tradución de GNOME. Este aplicativo web aliméntase do traballo xa feito, das memorias de tradución de cada versión e dos glosarios lexicográficos xerados con elas. Para os máis técnicos din que é unha interface de corpus de traducións de software.

O Glósima do Proxecto Trasno é un servidor de terminoloxía en web para o debate e a fixación terminolóxica ao servizo de tradutores/as de software. Daquela, é un servizo complementario do TiBoXe. Con el preténdese recuperar e sistematizar o inmenso traballo de afinación da terminoloxía da localización (adaptación) ao galego, tanto a elaborada polo propio Proxecto Trasno como por todos aqueles que se preocuparon con esta cuestión ao longo de máis de 15 anos. Hai miles de termos e miles de horas de esculca e debate para compendiar, moitos deles que foron estudados exclusivamente por tradutores/as vinculados/as ao Proxecto Trasno. O sistema permite a definición de glosarios por idioma/s, ámbito e mesmo o grao de complexidade dun glosario; como servizo de comunidade xestiona o debate ata chegar a unha solución neolóxica que pretende servirlle ao tradutor ou tradutora como referencia de autoridade colectiva. Tamén así pretenden facilitar o traballo dos/as investigadores/as do idioma e dar a coñecer a realidade de que o galego é unha lingua vivísima e perfectamente capaz para ser utilizada no sector tecnolóxico, que non ten máis problemas dos que calquera outra lingua de cultura ao enfrontarse ás últimas tecnoloxías da sociedade da información. Por estas razóns o sistema é necesariamente complexo e, neste momento está dando os seus primeiros pasos. O traballo principal recae en Leandro Regueiro, J. Chaves e Antón Méixome, coordinador do proxecto galego de OpenOffice.org. Esta ferramenta tamén é libre (GPL) e todo o contido que aloxa fai parte libre da cultura en galego.

O Proxecto Trasno é agora máis aberto, máis funcional e máis interoperábel, con fe anovada no software libre e na forza do traballo colaborativo.


Ligazóns relacionadas

Descargar Proxecto Trasno

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego