Consello da Cultura Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

Kit

Enredados na administración local

Esta actualización do Kit para a Normalización Lingüística faise co obxecto de proporcionarlles aos seus usuarios e usuarias novas ferramentas de traballo para a planificación lingüística do galego. A súa elaboración é o resultado da colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Agardamos que os documentos e recursos que ofrecemos a seguir lles sirvan como referencia de calidade tanto aos profesionais da normalización lingüística, coma ás persoas que están traballando neste ámbito a través da Rede de Dinamización Lingüística.

Están organizados segundo as distintas fases do traballo e clasifícanse en función da experiencia e formación de quen os consulta (nivel básico e avanzado).

Máis
Antes de intervir

Antes de intervir

Actuar sobre a situación do galego require uns coñecementos previos suficientes para que a intervención dispoña de bases ben sólidas.

 

Aquí disporás de bibliografía, lexislación ou recursos prácticos e necesarios para a elaboración dunha diagnose fiable sobre o contexto no que pretendas intervir.

Boas prácticas

Boas prácticas

No ámbito da dinamización lingüística é posible seguir criterios exemplificantes que sirvan de guía para implementar campañas normalizadoras.


Cada un dos que che propoñemos vén acompañado de materiais de campañas organizadas polos servizos de normalización de concellos galegos que destacaron por un motivo concreto: impacto, participación, avaliación, etc.

Traballa en rede

Traballa en rede

A normalización da lingua galega implica numerosas entidades de carácter moi diverso: administracións, institucións, asociacións…e todas elas comparten un obxectivo: promover o uso do galego.

 

Resulta esencial que estas entidades colaboren entre si, de xeito que poidan optimizar os recursos e empregalos eficazmente á hora de implementar accións de promoción lingüística.

Formación continua

Formación continua

Cando se trata de promover o galego, non paramos de aprender; por iso poñemos ao teu dispor unha serie de materiais, recursos e sitios web de referencia que che axudarán a actualizarte.

 

Nalgúns casos considerámolos esenciais para o bo desenvolvemento do teu traballo; noutros, permitiranche estar ao día e ampliar os teus coñecementos.